Levo moitos meses cun malestar xeral, con mareos, náuseas, vómitos, febre alta e un sinfín de síntomas que, irremediablemente, tiven que consultar coa especialista (a miña almofada). Despois dunha autorevisión determei que tiña a lingua enferma e eso provocaba unha reacción en cadena de moitas e diversas manifestacións sintomáticas. Teño a lingua enferma por mordela tantas i tantas veces cando considero que, aínda que unha, dúas ou quizais tres veces faga gracia, botarlle margaridas aos porcos é algo realmente cansado e cansino.

- España per se non existe!!! (nestes momentos algún xa caeu da cadeira) Culturalmente "esta nuestra Gran Nación" é fruto da SUMA (maiúsculas, negrita ) de moitas e diversas culturas.
- Señor/a nacionalista español/a: cando vostede presume de país, das súas tradicións, da súa gastronomía, dos seus monumentos (actitude que non é mala sempre e cando non se menosprecien outras nacionalidades) de seguro que nomee o que nomee non identifica á totalidade do territorio este..como se chama?, si oh, este que é unha península e limita ao norte con Francia....ai, como era...si, xa me lembro: España. Busque vostede por favor unha comida,un baile tradicional, un monumento, unha festa, un folclore que sexa común ás personas cuxo DNI pon español.
-Se vostede presume polo mundo adiante da catedral de Burgos, da paella valenciana, do flamenco, da praia da Concha, do Camiño de Santiago, da fabada. Por que non presume das catro linguas oficiais e da multitude de variantes que hai nesa súa/nosa/vosa puñetera nación?
- Non sei en que momento se lle deu á volta á tortilla conseguindo facer crer que a nosa fala ten que ser algo excepcional, algo propio do noso territorio autonómico, algo sen ningún valor e algo que incluso chega a ser perxudicial. Vamos a ver, iñorantes de...., tanto o GALEGO, como o EUSKERA como o CATALÁN forman parte desa España vosa da que tanto presumides. Forma parte de todas/os nacidos neste Santo Pais e se vas por aí presumindo de paella como símbolo da nosa gastronomía, por que non empregas algunha das outras tres linguas que tamén forman parte da túa identidade cultural para presumir?
-Por que un neno nacido en Madrizzzz non ten a posibilidade de coñecer e aprender algo que forma parte do seu patrimonio cultural? El si que sabe (ou eso espero) a importancia da catedral de Santiago, e a sinte como algo que forma parte da súa identidade pero ninguén lle ofrece a posibilidade de aprender ningunha das outras linguas que tamén lle pertencen como habitante desta España, UNA, GRANDE Y LIBRE!
-Señore/as políticos/as os nenos en Galicia (igual nas outras comunidades con dúas linguas oficiais) non teñen ningún tipo de problema á hora de entender ningunha das mesmas. E se hai algún que teña algún problema (todos sabemos que é unha diarrea mental dos seus papis) "que se lo haga mirar" porque quizais o problema teña que ser tratado por un orientador educativo e non só afecte á lingua como instrumento de comunicación senón ás demais áreas educativas.
-Por favor, que ninguén me volva a xustificar a súa animadversión cara as linguas cooficiais desde a perspectiva "funcional" porque entonces pedireille que empregue unha integral para facer a compra, ou unha derivada ou simplemente unha raíz cadrada e despois falamos do funcional e o non funcional....NO TE JODE! Ou tamén lle explicarei cual útil é saber inglés para cortar fiame nun supermercado, para poñer ladrillos ou para traballar nun 90% dos postos da oferta laboral actual.
-Todo o mundo pensa que é grave que un presidente (representante de tódolos habitantes dese territorio que preside) non fale inglés ou algún outro idioma extranxeiro. Eu creo que eso só denota a gran falta de formación que teñen pero o que é realmente grave, e sangrante, e dañino é que non saiban expresarse en todas as linguas que pertecen á idiosincrasia do territorio e das persoas ás que dice representar.
-Por favor: xentes desta nosa España, non caiades na trampa destes "nosos representantes" (uffff, realmente non sei por que teño que ser políticamente correcta) Non tedes que sentirvos atacados porque en Galicia empreguemos dous idiomas para comunicarnos, máis ben ao contrario sentide a riqueza do que considerades como parte do voso país, como un BEN e disfrutádea ao máximo pois é tan patrimonio voso coma meu.